Marcos Dopico Castro

Designer in Pontevedra

Marcos Dopico Castro

Designer in Pontevedra

Licenciado en Belas Artes coa especialidade de Deseño e Audiovisuais pola Universidade de Vigo (1997). Doutor en Deseño pola Universidade de Vigo (2009). Profesor titular e decano-comisario da Facultade de Deseño do Campus CREA Pontevedra. Imparte docencia nas materias de Fundamentos do Deseño do Grao en Deseño, no Mestrado en Deseño e Dirección Creativa en Moda, e no Mestrado Universitario en Dirección de Arte en Publicidade da Facultade de Ciencias da Comunicación. Como profesional do deseño traballa nos campos do deseño gráfico, especializándose en deseño de tipografía. A súa labor investigadora inclúe as áreas de influencia da modernidade na gráfica e a tipografía contemporánea e a relación entre tradición e identidade no deseño en Galicia. Participou como profesional do deseño nas exposicións colectivas: "A creación do necesario: Aproximacións ó deseño do século XX en Galicia" no museo MARCO de Vigo (2004), "Arte, artesanía, deseño e sustanbilidade en Galicia no século XXI" no Centro Torrente Ballester de Ferrol (2016) e "Formas do deseño. Galicia XXI" no Auditorio de Galicia, SCQ (2019). Parcicipou como comisario na exposición "A Galicia Deseñada: Símbolos, marcas e identidades gráficas" na Sala Normal da UDC (2022). Ten publicado dous libros: "Propuestas para un diseño normal" Ellago Ediciones: Castellón (España) 2009, e "Arqueoloxía tipográfica: La evolución de los caracteres de palo seco" Campgràfic Editors: Valencia (España) 2011. Pertence á DAG Asociación Galega de Deseño, sendo socio fundador e presidente dende 2011 a 2015. Dende 2011 a 2015 foi Director da Área de Imaxe corporativa da Universidade de Vigo. Dende 2015 a 2019 foi vicedecano de calidade e coordinador do Grao en Belas Artes. Dende 2019 foi nomeado decano-comisario para a creación da Facultade de Deseño da Universidade de Vigo.

  • Work
    • Facultade de Deseño
  • Education
    • Universidade de Vigo